Galego

Manifesto:

Estimadas e estimados,

Cataluña quéimase, o Ampurdán quéimase. O contexto é dramático e a sensación de impotencia e solidariedade enorme. Por iso naceu a iniciativa #1català1arbre.

#1català1arbre pretende crear unha masa de voluntariado organizada, xestionando tecnicamente o que faga falta.

#1català1arbre ha de ser un portal de información para entender a problemática concreta do incendio, e poder actuar a posteriori con todas as garantías.

A loita activa contra as chamas dos heroes e heroinas no anonimato, sexan Bombeiros, ADFs ou voluntarios; a empatia dos membros da Cruz Vermella e da xente a pé de rúa, que condicionaron pavillóns nos arredores da comarca para os afectados e desprazados; a rabia contida pola destrución das nosas paraxes máis estimadas; son o que nos ha de levar a pensar e a actuar con raciocinio diante do que virá despois, cómpre mentalizarse e actuar en consecuencia.

Que quede moi claro: máis alá do eslógan, esta iniciativa quere crear coordinación, cooperación e unha sólida concienciación colectiva posterior á extinción do lume.

Perante da traxedia que nos tocou vivir, #1català1arbre quere transmitir a nosa solidariedade co territorio.

Quere reunir o maior número de colaboradores, coa única finalidade de actuar en base aos consellos da xente experta.

Non quere ir plantar piñeiros onde medraban carballos.

Quere ser unha ferramenta útil para minimizar a desgraza vivida.

A intención é que calquera acción a favor de recuperarmos o noso territorio, conte cun soporte masivo.

O lume queima, mais nunca o suficiente para queimar a esperanza.

Anuncis

Deixa un comentari

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

Esteu comentant fent servir el compte WordPress.com. Log Out / Canvia )

Twitter picture

Esteu comentant fent servir el compte Twitter. Log Out / Canvia )

Facebook photo

Esteu comentant fent servir el compte Facebook. Log Out / Canvia )

Google+ photo

Esteu comentant fent servir el compte Google+. Log Out / Canvia )

S'està connectant a %s

%d bloggers like this: